miércoles, 10 de mayo de 2017

Matemática

A intelixencia matematica é a capacidade de razoamento para resolver problemas relacionados cos números e as relacións que se poden establecer entre eles, así como para pensar seguindo as regras da lóxica.
Esta intelixencia é útil para atopar a información importante dun texto, facer esquemas e resumos, realizar gráficas, seguir secuencias numéricas lóxicas, descifrar códigos, traballar con símbolos e fórmulas abstractas, etc…, e atópase nos economistas, inxenieros, científicos, etc.


















lunes, 20 de marzo de 2017

Naturalista

A intelixencia naturalista é a capacidade de percibir as relacións entre as especies e grupos de obxectos e persoas recoñecendo as posibles diferenzas ou semellanzas entre eles. Especialízase en identificar, discernir, observar e clasificar membros de grupos ou especies da flora e fauna.Está presente en ambientólogos, biólogos, zoólogos, botánicos, paleontólogos, entomólogos, ornitólogos, agrónomos, veterinarios…








viernes, 20 de enero de 2017

Interpersoal

A Intelixencia Interpersoal é a nos permite entender aos demais e interactuar con eles.Poder comprender os estados de ánimo e desexos para conseguir unha mellor comunicación.
Os que teñen esta intelixenxia son populares, teñen moitos amigos e relaciónanse moi ben cos compañeiros de traballo.














viernes, 23 de diciembre de 2016

Musical


A Intelixencia Musical é a capacidade de percibir, discriminar, transformar e expresarse mediante as formas musicais, así como para ser sensible ao ritmo, ao ton e ao timbre.
Favorece a adquisición de destrezas motrices: coordinación, lateralidade, percepción e comprensión espaciotemporal e no desenvolvemento lingüístico para reter estruturas lingüísticas e asimilalas nas súas realizacións fonéticas.
Aproveitemos as súas posibilidades e...démoslle unha oportunidade á música!


4º e 5º

Os alumnos de 4º e 5º traballamos a intelixencia musical no mes de decembro. Xunto co resto do alumnado do colexio, asistimos a un obradoiro de percusión con materiais de refugallo no que participamos, disfrutamos e aprendemos que podemos facer música con todo o que nos rodea, e unha vez máis deixar crecer a nosa imaxinación e creatividade.

Na aula experimentamos e grabamos este vídeo.








Interpretando

 

Interpretamos o musicograma

 

Traballamos o ritmo



Educación Infantil




Educación Física



viernes, 4 de noviembre de 2016

Visual-Espacial


A Intelixencia Visual-Espacial é a capacidade de pensar e percibir o mundo en imaxes. Supón certa facilidade para captar o espazo físico e as formas, así coma de orientarse.
As habilidades desta intelixencia son: a planificación, a visualización de movementos e figuras no espazo, a organización de coñecementos e a lectura de mapas.

As familias

Educación Física




Infantil



Educación Artística




Educación Infantil




4º e 5º Curso



Educación Infantil




1º Curso



viernes, 28 de octubre de 2016

Lingüístico-Verbal


A INTELIXENCIA LINGÜÍSTICO-VERBAL permítenos comunicar, expresando con claridade pensamentos e sentimentos. Relacionar ideas e expresalas con palabras. Comprender, expresar e apreciar significados complexos.
É a habilidade que nos permite recordar, analizar, resolver problemas, planificar e crear.
Ademais é unha característica humana indispensable para a convivencia social.


Educación Física




Educación Infantil



Educación Infantil



4º / 5º / 6º Curso


No mes de outubro, traballando a competencia lingüística volvímonos algo poetas…

Velaquí algunhas das nosas creacións.




Educación Artística




1º Curso

Existen moitas formas para comunicarnos, e os alumnos de 1º, quixemos aprender unha das máis silenciosas... 
A lingua de signos! 
Aquí tedes a nosa presentación.


As Familias


viernes, 14 de octubre de 2016

Corporal-Cinestésica

INTELIXENCIA CORPORAL-CINESTÉSICA  é a habilidade para utilizar o noso corpo, tanto como medio de expresión, coma de medio para captar información. É unha forma de aprender e comprender a través da experimentación.
Algunhas das habilidades que destacamos desta intelixencia son a coordinación, o equilibrio, a velocidade, a forza, a destreza e a capacidade para manipular obxectos.

Educación Artística


3º Curso


Educación Física


4º e 5º de Infantil


6º de Infantil


4º e 5º Curso

Os alumn@s de 4º e 5º de E.P. no mes de setembro traballamos a intelixencia cinestésico-corporal, para o cal nos centramos na MÍMICA.
A MÍMICA  é un tipo de expresión ou comunicación non verbal na que se recurre a xesticulacións e movementos corporais para transmitir unha idea. 
Investigamos sobre o tema e descubrimos a MARCEL MARCEAU, destacado mimo francés. Convertímonos en mimos e grabamos uns vídeos que esperamos que vos gusten.


1º Curso




As familias




6º Curso

Comezamos un novo curso, con novas ilusións e novos proxectos por levar a cabo, un deles (na clase de 6º) é mellorar as relacións entre compañeiros. Aproveitando o traballo da intelixencia cinética levamos a cabo unha dinámica de grupo que nos pareceu moi divertida: cada alumno tiña que escribir no lombo de cada un dos seus compañeiros o que pensaba del. Aquí vos deixamos parte do movido proceso. Unha vez rematado analizamos os resultados en común, enxalzando os aspectos positivos que cada un ve en nós.